Tuesday 18 de June de 2024

Persoa excarcerada nun accidente de tráfico na DP-0701, ao seu paso polo Concello de Val do Dubra


Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Santa Comba foron alertados ao redor das 14:22 horas deste mediodía dun accidente de tráfico na estrada DP-0701, á altura do punto quilométrico 10, ao seu paso polo Concello de Val do Dubra.

Á chegada dos bombeiros o automóbil estaba envorcado completamente sobre a gabia anexa á vía. Logo dunha inspección inicial, procedeuse á liberación do vehículo da persoa atrapada, a cal foi evacuada ao C.H.U.S.

Completaron o operativo a Garda Civil de Santiago, o 061 de Val do Dubra e voluntarios de Protección Civil de Val do Dubra.

Deja un comentario